martes, 1 de decembro de 2020

O contacontos Caxoto visitounos no día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

  

O 25 de novembro é o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, dende a Biblioteca Castelao  e o EDLG, invitamos a visitarnos ao contacontos Caxoto que nos ofreceu dúas actuacións con esta temática. Primeiramente actuou para a ESO cunha proposta titulada: "Machista eu?", despois actuou para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria ca proposta: "Contos vellos novos finais".

Caxoto fai unha recuperación de contos tradicionais e relatos da nosa historia que lle serviron para falarnos  do machismo que está intrincado nos nosos costumes de tal maneira que moitas veces nin tan sequera somos conscientes. Falounos dos micromachismos, que como nos dixo, de "micro", non teñen nada, pasan máis desapercibidos pero son tan daniños como a propia violencia contra a muller.

xoves, 26 de novembro de 2020

ACTIVIDADES AULA STEAM.

Podedes observar no seguinte video como disfrutou o alumnado de 3º de Primaria creando o seu ROBOT PINTOR

               

venres, 23 de outubro de 2020

ORLA.

Quero felicitar aos meus nenos de 3º de Primaria polo ben que o están a facer nesta situación que nos toca vivir. A seguir así.Moi ben rapaces e rapazas!!! E mirade que guapiños veñen coas súas máscaras.




AS NOSAS PARCELAS.

Canto disfrutamos nas parcelas do patio xogando todos xuntos!!!!



martes, 6 de outubro de 2020

XOGO INFANTIL TURISTEANDO COS MIÚD@S

TURISTEANDO COS MIÚD@S, é o primeiro xogo infantil interactivo para que os miúdos e miúdas descubran a riqueza cultural e turística da provincia da Coruña. Un xogo realizado para o fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 co que podedes xogar en calquera momento, no colexio ou na casa.

Se queredes xogar e acceder a el, só tedes que clikar na imaxe que tedes a continuación.

 


xoves, 17 de setembro de 2020

VOLTA AO COLE.

Estamos de volta neste curso tan excepcional.En 3º de Educación Primaria.Que maior e responsable vexo ao meu alumnado!!! Aló imos con ánimo e moita ilusión.

xoves, 25 de xuño de 2020

DESPEDIDA CURSO 2019/2020.

Que pena non poder despedir o curso presencialmente con biquiños e apertas.Co cariñosos/as  que son os meus peques.
Moitas grazas familias por convertir as vosas casas nunha parte do cole e por ser tan participativos.Aos nenos/as grazas por traballar tanto e por ser tan especiais.Estou orgullosísima de vós. Xogade e desfrutade moito do verán.
Quérovos peques.Sodes estrelas moi brillantes.
Ata setembro.


xoves, 18 de xuño de 2020

UN POUCO DE TODO.

O alumnado de 2º de Primaria durante o confinamento seguiu traballando moitísimo nas tarefas escolares. Aínda así tivo tempo de máis: bañarse, facer deporte, debuxar, axudar na casa, facer cousas preciosas con materiais reciclables e pasear pola natureza. Aquí vós deixo algunhas fotos que me enviaron. Mirade que guais:











venres, 5 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

Hoxe, 5 de xuño, é o Día Mundial do Medio Ambiente. Nestes cortos con valores," O coidado da auga" e " Coidemos o noso planeta" recórdase a necesidade de aforrar auga, para iso hai que realizar un consumo responsable, ensínase a maneira de facelo e as cousas que se deben deixar de facer ou mellorar.




domingo, 31 de maio de 2020

NATUREZA.

Esta semana unha das tarefas propostas era facer un debuxo relacionado coa natureza.
Aquí os amosan:











domingo, 17 de maio de 2020

UNHA COROA DE VIOLETAS.

Con este tema María Fumaça pretende animar á xente miúda a coñecer a poesía de Carvalho Calero. É un sinxelo valse primaveral composto por Uxía sobre un fragmento dun poema recollido no seu libro "Reticências..."
Feliz Día das Letras Galegas.


 

LETRAS GALEGAS.

Hoxe, 17 de maio é o Día das Letras Galegas. Este ano adícase a Ricardo Carvalho Calero,así que esta semana tocou coñecelo un pouquiño.
Un dos moitos libros que escribiu foi As pitas baixo a choiva, dirixido aos pequenos. Cóntanos un feito que lle pasou a Ricardo cando era pequeno e quería recoller as pitas que se estaban a mollar no patio: acabaron todos... como pitos!
O alumnado de 2º de Primaria amosanos as súas galiñas. Que gusto, de paso, velos a eles!Están tod@s guapísim@s.















venres, 15 de maio de 2020

ASÍ ES MI CORAZÓN.

Un video conto que trata das emocións, de cando estamos enfadados, ledos, tristes...Paréceme bonito para disfrutalo esta fin de semana. E, a vós?


martes, 12 de maio de 2020

NATUREZA.

O alumnado de 2º de Educación Primaria cuns modelos dados da Natureza, fixo en debuxo ou plastilina as seguintes creacións artísticas: