mércores, 31 de maio de 2023

LIMPEZA PRAIA DE SANTA CRUZ.

  Hoxe todo o alumnado de Educación Primaria acudiu á praia de Santa Cruz, no concello de Oleiros, para levar a cabo unha limpeza da man da asociación WeSustainability. Cando chegamos, os colaboradores da asociación explicáronnos o tipo de lixo que nos podíamos atopar, a diferenza entre as algas e os plásticos degradados, como liberar as algas do sedal de pesca e como actuar se nos atopábamos con algún  obxecto perigoso. Durante a limpeza atopamos: toallitas hixiénicas, bastoncillos de oído, cartuchos de escopeta, caixas de pitillos, cabichas, moitísimo sedal, tampóns, unha navalla, pequenos anacos de cristal, un frisbie... Un total de 11,77Kg de lixo!

Esta foi a nosa pequena aportación para conmemorar o 8X e concienciarnos sobre a limpeza e coidado dos océanos.


sábado, 20 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS E MAIOS 2023

  Venres 19 de maio de 2023. Celebración nun acto conxunto para conmemorar o Día das Letras Galegas e os Maios. Esta celebración xirou en torno á figura de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023. A gala estivo presentada polo alumnado de EP, que presentaron o evento ao público reunido no patio cuberto do CPI Virxe da Cela. Pinceladas sobre a vida deste autor galego, un guiño á súa contribución na creación da editorial Galaxia (representada a través dunha fermosa alfombra floral) e música tradicional a cargo dun grupo de folclore de Betanzos e tamén de varios grupos de alumnado do centro.