mércores, 23 de xuño de 2021

FIN DE CURSO.

 Ata aquí chegamos. Nada mellor para rematar o curso que unha foto de grupo. Agora a disfrutar do verán que o tedes ben merecido en todos os sentidos.Estou moi orgullosa de vós. Vémonos en setembro.Quérovos moito peques. Felices vacacións.



sábado, 12 de xuño de 2021

OS PLANETAS.

 

Aínda Plutón era considerado un planeta, pero aos meus alumn@s encántalles esta canción e pedironme que a subira ao blog.

xoves, 3 de xuño de 2021

POETAS EN 3º DE PRIMARIA.

 Despois de aprender moitas cousiñas sobre a vida e a obra de Xela Arias o alumnado de 3º de Primaria tamén quixo convertirse en escritores. Entre outros, escribiron estes poemas. Esperamos que vos gusten. Eu penso que o fixeron moi ben. E a vós, que vos parecen?


ANXA

EIDER

MARTINA

MARTA

DIEGO

MIRIAM

CRISTIAN


MARÍA

HUGO

DAVID BOUZÓN

DANI

IKER

XAVIER

DAVID MACEIRAS


EMMA

BIBLIOTECA AULA 3º PRIMARIA.

Na clase de 3º de Primaria a biblioteca de aula leva todo o curso funcionando, libros van e libros veñen.Tardouse un pouquiño máis en rematar o Caderno do Lector para conseguir o Diploma e o Premio porque os libros eran máis grandiños.Aínda así, xa temos GAÑADOR. NORABOA DANI!!!!




martes, 1 de xuño de 2021

PODCAST XELA ARIAS

O alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI Virxe da Cela de Monfero reflexiona sobre a importancia de lembrar as persoas que xa non están. Teñen que responder ás seguintes preguntas: Por que temos que recordar as persoas que xa non están? Que podemos facer para que nos recorden? Despedir a unha poeta, despedir a Xela Arias...como o fariades? Inspirámonos no libro de Emma Pedreira e Laura Romero,‘Xelarias, Palabra a intemperie’ (Baía Edicións) e as preguntas que lanzan sobre como despedir a Xela Arias. Unha produción de RTV Enxebre, un proxecto de Ayuda en Acción, co apoio de Fundación Repsol e Fundación La Caixa e desenvolvido por Laboratorio de Radio.

 

O alumnado de 3º de Primaria do CPI Virxe da Cela celebran o Día das Letras Galegas 2021 cun concurso sobre a homenaxeada: Xela Arias. Un xeito de aprender divertido, traballando en equipo e que nos achegou a figura da poeta, tradutora e editora que foi Xela Arias. RTV Enxebre é un proxecto de Ayuda en Acción, co apoio de Fundación Repsol e Fundación la Caixa. Desenvolve Laboratorio de Radio.