venres, 29 de xaneiro de 2021

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2021.

O 30 de xaneiro conmemórase, como todos os anos, o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. E por iso no CPIP Virxe da Cela, onde convivimos e estudamos,onde nos divertimos e nos formamos como persoas,quixemos celebrar este día facendo nas nosas aulas diversidade de actividades para deixar constancia de que temos que seguir traballando para que na nosa sociedade poidamos vivir todxs xuntos e en paz.

 No seguinte vídeo deixamos a nosa pegada e os nosos mellores desexos berrando coas mans e o corazón abertos...QUE VIVA A PAZ!!!


 






xoves, 28 de xaneiro de 2021

EL LÁPIZ MÁGICO DE MALALA.

Malala Yousafzai,a persoa máis nova en recibir o Premio Nobel da Paz, relata unha historia dunha rexión destruída pola guerra.Cando Malala era nena en Pakistán quería ter un lapis máxico. Usaría este lapis para...


 


O alumnado de 3º de Primaria se tivese un lapis máxico...













COMO DEBUXAR UNHA POMBA DA PAZ.

mércores, 20 de xaneiro de 2021

"QUÉ BONITO" SORAYA

A petición do meu alumnado deixo aquí este vídeo da canción que estamos aprendendo para o día da Paz.Que a disfrutedes e bailedes moito!!!