martes, 20 de xuño de 2023

XORNADA DE CONVIVENCIA.

 O alumnado de 1º e 2º de EP disfrutou hoxe, dunha xornada de convivencia no CEIP Maciñeira na que se coñeceron en persoa despois do intercambio postal realizado durante o curso escolar.


martes, 13 de xuño de 2023

VISITA A SOTAVENTO.

 O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela visitou hoxe as instalacións do Parque Eólico Sotavento, no concello de Xermade.















sábado, 10 de xuño de 2023

RADIO XESTEIRA.

RTVEnxebre é un proxecto de Ayuda en Acción co apoio de Fundación Repsol, Fundación La Caixa e a Xunta de Galicia. Desenvolve: Laboratorio de Radio. 


O alumnado de 2º de Primaria sacou moito partido imaxinativo a tódolos paxaros que aprendeu ao longo do curso. Para mostra, unhas cantas historias na que as aves son protagonistas. Escoitade, escoitade.

venres, 2 de xuño de 2023

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

Un ano máis o noso cole organizou a Carreira Quilómetros de Solidariedade para colaborar coa ONG “Save the Children”. Desde o noso centro agradecemos a toda a comunidade educativa a súa implicación e solidariedade.

Calzar as nosas zapatillas e correr por unha causa solidaria merece a pena, porque moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas pode cambiar a vida das nenas e nenos máis vulnerables.

CPIP VIRXE DA CELA: CONSTRUÍNDO UN MUNDO MELLOR

 

               Carreira



               Galería de imaxes