venres, 29 de setembro de 2023

DÍA DO DEPORTE.

 O 29 de setembro é o día do deporte escolar e como cada ano celebrámolo con moita actividade física, non so nese día, senón na semana que vai do luns 25 ao venres 29. Durante todos os días, a principio e a final de cada clase, o alumnado realizou exercicios físicos de maneira voluntaria. O xoves 28 organizouse unha xornada especial na que de 10:00 a 14:00 horas todo o alumnado e profesorado do centro participou nun evento deportivo a base de estacións rotativas. 






















luns, 11 de setembro de 2023

VOLTA AO COLE.

 Benvidos e benvidas a este novo curso escolar 2.023-2.024 en 3º de Educación Primaria que arranca hoxe. Imos aló!!! Mirade que alumnado tan guapo teño.