luns, 26 de setembro de 2022

EMOCIÓMETRO

 O emociómetro forma parte da Educación Emocional na Escola, é moi importante pois os nenos e as nenas expresan, dun xeito que lles gusta, como se sinten, aprenden que as emocións e sentimentos son algo natural que podemos compartir cos demáis. Tamén nos axuda a detectar problemas que teñen  e que nos poderían pasar desapercibidos.

Na nosa clase temos este:


Podedes usalo tamén en familia.


venres, 16 de setembro de 2022

BENVIDO CURSO 2.022-2.023

 Continuamos ciclo e comezamos 2º de EP. Por fin podemos vernos as caras. Espero que este novo curso veña cargadiño de bos momentos. Benvid@s e feliz curso para tod@s.