venres, 16 de decembro de 2022

BIBLIOTECA DE AULA.

 Os libros da nosa biblioteca de aula van ás casas e veñen de volta de contadiño.Viaxan rapidiño. Así Erea e María remataron xa o seu caderno lector de 10 fichas e conseguiron o Diploma ás mellores Lectoras e un Premio.

Mario conseguiu o 2º Premio e Xabi o 3ºPremio.

Aquí os vemos orgullosas e orgullosos dos seus traballos.





venres, 2 de decembro de 2022

"ARGALLANDO": CREACIÓN LIBRE CON MATERIAL NATURAL.

 Miudiño S.Coop.Galega impartiu ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria un interesante obradoiro o pasado martes 29 de novembro de 2022.  “Argallando” foi un obradoiro de liberdade creativa absoluta, no que a cativada aprendeu que ten a posibilidade, por si mesma, de transformar, modificar e crear os seus xoguetes, artefactos e demais inventos. Presentouse unha morea de material natural e ferramenta de verdade para que os nenos e nenas participantes deciciran que querían facer, como, canto e par qué. O coñecemento do risco tórnase elemento indispensable na aprendizaxe da manipulación da ferramenta. Só aprendendo a manexar lixas, punzón, serriñas, martelos…, podemos proporcionarlle á nosa cativada a liberdade necesaria para facer dos seus soños realidade. Nenos e nenas entrégaronse á causa, e sendo donos do seu tempo e corpo, foron quen de facernos reflexionar sobre a necesidade de confianza e asunción de riscos para o seu desenvolvemento e diversión.