venres, 13 de decembro de 2019

DIPLOMA .

Na clase de 2º de Primaria os libros non paran de viaxar ás casas.
O primeiro en rematar o Caderno Lector composto de dez libros obtén un Diploma ó mellor lector e o Primeiro Premio. E xa temos gañadora. Noraboa MIRIAM!!!
Quedan moitos premios para o resto do alumnado.A algúns fáltalles pouquiño. A seguir con ánimo.


luns, 9 de decembro de 2019

martes, 3 de decembro de 2019

OS MONICREQUES DE KUKAS.

Luns 2 de decembro 2019, compañía Os Monicreques de Kukas, coa obra "O encoro encantado", para Educación Infantil e Educación Primaria.





martes, 26 de novembro de 2019

MOC,MOC

Hoxe Moc Moc Espectáculos estivo no CPI Virxe da Cela arrincando sorrisos aos nosos nenos coa actuación Mere-cidamente.



O CARDUME.

O pasado xoves,21 de novembro,o alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria poideron disfrutar do contacontos O Cardume.





    

   



luns, 25 de novembro de 2019

DEREITOS DO NENO.

"A cadeira vermella" é a campaña que a ONG Entreculturas lanza para concienciar á poboación do Dereito á Educación de máis de 61 millóns de nen@s en todo o mundo que están sen escolarizar.
 Un grupiño de alumnos/as de 2º, 3º e 4º da ESO axudaron a presentar esta campaña reivindicando a escolarización universal para todos os nenos e nenas do mundo. Así, realizaron diversas sesións de contacontos para o alumnado de infantil e primaria. Nas sesións os rapaces da ESO narraron o conto “Mahán e a cadeira vermella”, un conto creado polo alumnado do CPI Virxe da Cela de Monfero, e que fala sobre o Dereito á Educación Universal. Logo como parte da dinámica, realizaron o xogo de “ A cadeira vermella” así como un pasapalabra sobre o conto. Ao remate da sesión todos os nenos e nenas foron agasallados cunha cadeiriña vermella que levaron para súa clase como símbolo do Dereito á Educación de todos os Nenos e Nenas do mundo (agradecemos a Alberto a súa implicación na actividade facendo as cadeiriñas na impresora  3D).

Aquí podedes ver un vídeo da xornada.



Esta actividade está organizada polo EDLG, a Biblioteca Escolar e o Departamento de Reli. Queremos  a través dela potenciar o uso da lingua galega, tanto de maneira escrita como oral, e ofrecérmonos o lugar perfecto para mergullarnos no mundo das historias.


Os nenos e nenas de 2º de Primaria elaboraron o seu propio mural:


CARREIRA SOLIDARIA NO CPI VIRXE DA CELA


Como en anos anteriores, o venres 22 de Novembro do 2019 (Venres) celebramos  no noso centro a Carreira Quilómetros de Solidariedade  para colaborar coa ONG “Save the Children”, que este ano vai dedicada ás nenas/os do pobo Rohingya.
Pero este ano, a carreira tivo un triple motivo de conmemoración. Tendo en conta que o 20 de Novembro foi o día dos Dereitos dos Nen@s e o 25 de Novembro é o Día Internacional contra da Violencia de Xénero, conmemoramos no mesmo acto estas dúas datas e os valores que representan.
Así que a carreira (a diferencia doutros anos) foi unha carreira de relevos por clases, encabezada primeiro por unha rapaza de cada un dos cursos que, sentada nunha cadeira de cor vermella (símbolo dos millóns de nenos e nenas que non teñen dereito á educación), recolle o relevo simbolizado por un facho de cor morado (símbolo do Día contra a Violencia de Xénero), dando saída a todos os nenos e nenas do seu curso.
Cada clase vestiu unha camiseta facilitada polo Concello, coa lenda Monfero en Negro e o dorsal de “Save the Children”.
Ao remate da carreira Clara e Lucía, alumnas de 4º ESO, leron un manifesto a favor dos Dereitos dos Nen@s e en contra da Violencia de Xénero.
Como final do acto as profesoras de E.F deron aos nenos, nenas e rapaces/as un agasallo e un  diploma pola súa participación.
Dende o noso cole queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa pola súa colaboración e solidariedade.

Porque un mundo mellor é posible....

CONSTRUÁMOLO ENTRE TODOS!






























luns, 18 de novembro de 2019

MUSEO DE HISTORIA NATURAL.

O pasado mércores, 13 de novembro, o alumnado de 1º e 2º de EP fixo unha visita ao Museo de HIstoria Natural de Ferrol, onde puideron observar unha colección de cunchas e esqueletos de animais, especialmente mariños. O da balea é impresionante.