sábado, 27 de abril de 2019

SAME 2019. CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA


     Na última semana do mes de abril 2019 celebramos no colexio a SAME (Semana Mundial de Acción pola Educación). Este ano o lema é “Defendemos a educación, sostemos o mundo” e a campaña está centrada na loita contra a degradación medioambiental e a transformación cara un modelo social e medioambiental sostible. O alumnado de 2º de ESO nas materias de Relixión e Valores Éticos deseñou e levou a cabo un gran mural para difundir o lema da campaña. E como actividade conxunta cada clase ou grupo do centro elixiu palabras que  relacionadas co lema da campaña (por exemplo: ecoloxía, cambio climático, planeta, reciclaxe, etc) e construiu as letras desas palabras utilizando vasos de iogur (na base de cada vaso vai pintada unha letra). 
     O venres 26 de abril habilitouse un espazo na biblioteca que serviu de base para ir construíndo un gran “autodefinido” conxunto (EI, EP e ESO). Ao longo da mañá cada grupo baixou acompañado polo seu titor/a para colocar as súas palabras.

                 








luns, 22 de abril de 2019

EMOCIÓNS.

Revisando fotos e vídeos atopeime con este de principio de curso.Aínda estaba con nós Junias. Acordámonos moitas veces del. O "abracito mañanero" é unha das partes do día que máis me gusta.Encántame.Que peques tan lindos e cariñosos!!!


 

mércores, 3 de abril de 2019

BIBLIOTECA DE AULA.

Da biblioteca de aula de Primeiro van e veñen libros, funciona estupendamente. Xa temos gañadora do Diploma á mellor Lectora e Primeiro Premio. NORABOA MARTA!!! Os demais aí andan, moi cerquiña. Moito ánimo peques, xa falta pouco !!!