xoves, 21 de decembro de 2023

FESTIVAL DE NADAL.

Este xoves 21 de decembro celebramos un ano máis o festival de Nadal. Comezamos este marabilloso día coa visita de Inmaculada, gran traballadora que dedica moito tempo e cariño ao nosos amigos máis peludiños, desde a protectora de animais APADAN. Como cada ano, quixemos axudar cun mercadiño solidario, onde os nenos e nenas crearon infinitas manualidades como adornos navideños, colgadores para as chaves e moitas cousas máis. Tivemos a sorte de contar tamén co material proporcionado por APADAN, como calendarios, camisetas, chapas, ... Grazas a este traballo e á colaboración das familias e profesorado conseguimos, ao mercar tantos agasallos, recaudar 823,60€, destinados íntegramente a APADAN. Esperamos que estos animaliños pasen unhas mellores festas de Nadal e dende o CPIP Virxe da Cela, animámosvos a adoptar.

Sen máis dilación, xa tedes aquí todas as actuacións para que poidades velas de novo con máis tranquilidade e para todas esas persoas que non puideron asistir. Esperamos que vos guste o noso traballo que foi feito con moito cariño e esforzo. Gozade vendo os fabulosos bailes, as marabillosas obras de teatro e as fantásticas panxoliñas, tanto coma nós gozamos facéndoas. 

1. VÍDEO PRESENTACIÓN

2. BAILE EDUCACIÓN INFANTIL - PESADELO ANTES DE NADAL. (BAILE) 

3. 1º EDUCACIÓN PRIMARIA - RUDOLF O RENO. (BAILE) 

4. 4º EDUCACIÓN PRIMARIA - LOTERÍA DE NADAL. (OBRA DE TEATRO) 

5. 2º EDUCACIÓN SECUNDARIA - ARTURO EN NADAL. (BAILE) 

6. 3º EDUCACIÓN PRIMARIA - CRÓNICAS DE NADAL. (BAILE) 

7. 1º + 2º EDUCACIÓN PRIMARIA - PAÍS DA FANTASÍA (PANXOLIÑA) 

8. 5º EDUCACIÓN PRIMARIA - O GRINCH. (BAILE) 

9. 2º EDUCACIÓN PRIMARIA - O ELFO. (BAILE) 

10. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA - FOGARES DE NADAL. (OBRA DE TEATRO) 

 11. 1º EDUCACIÓN SECUNDARIA - FROZEN. (BAILE) 

 12. 4º EDUCACIÓN PRIMARIA - REIS VS SANTA.(BAILE) 

 13. 3º EDUCACIÓN PRIMARIA - NOITEBOA PANAMEÑA. (PANXOLIÑA) 

 14. 3º + 4º EDUCACIÓN SECUNDARIA - SÓ EN CASA. (BAILE) 

 15. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA - CONTO DE NADAL. (BAILE) 

Ademais destas incribles actuacións, fixemos un concurso de imaxes de Nadal onde todo o alumnado recibiu un diploma por participar, xa que fixeron un traballo moi bonito. Pero a clase gañadora deste ano foi: 4º Educación Infantil!!! Parabéns ao alumnado e a súa mestre. Queredes ver estas obras de arte?

   

 E xa por último, rematamos este magnífico festival coa chegada das nosas Maxestades os Reis Magos. Lembrade: Hai que portarse ben que Papá Noel mais Eles están a botar unha ollada a todo o que facemos.

mércores, 20 de decembro de 2023

OBRADOIRO O MAR.

 Sara Carrasco e Silvia Iglesias. Cooperativa 13 grados. Mércores 20 de decembro 2023, ás 13:00. Alumnado de 3º EP




xoves, 14 de decembro de 2023

IV Festival Escolar do Camiño Inglés.

 Esta semana o noso alumnado de Educación Primaria foi convidado ao IV Festival Escolar do Camiño Inglés, que ten como base a promoción do Camiño Inglés entre os máis novos e, ademais, busca que se vaian coñecendo as diferentes localidades polas que transcurre.

Neste caso o noso alumnado desfrutou dunha obra de teatro na que Ignatius, un peregrino algo perdido, que coa axuda dunha meiga foi percorrendo e coñecendo Ferrol, así como as súas costumes, festas, patrimonio... Dende as Meninas de Canido, o propio Racing ou o arroz con leite (postre co que fomos posteriormente agasallados). 



luns, 4 de decembro de 2023

CHEGA O NADAL


 

EDUCAR EN POSITIVO

 Unha ducia de familias participaron na charla "Educar en Positivo", que tivo lugar o martes 28 de novembro de 2023 de 16:00 a 18:30 na aula de Usos Múltiples do CPI Plurilingüe Virxe da Cela. É de vital importancia que familias e escola vaian da man no difícil camiño da educación, por iso esta actividade, promovida pola Fundación Ayuda en Acción e a ANPA do CPI Virxe da Cela,  pode ser un elemento clave que repercutirá sen dúbida nos nenos e nenas. Para facilitar a participación das familias, a Fundación Ayuda en Acción ofertou un servizo de ludoteca para que os nenos/as se iniciaran na globoflexia e potenciaran as súas capacidades creativas a través de debuxos.

A psicóloga e psicoterapeuta Medalith Falcón, especializada en dificultades de regulación emocional, foi a encargada de impartir esta charla, desde un enfoque de natureza integradora, tratando de guiar ás familias cara á comprensión e as xestión das dificultades desde a amabilidade e a resiliencia, e promovendo  un proceso de autodescubrimento baseado na confianza e na empatía. Esta charla, xunto con outras dúas charlas máis planificadas para o segundo e o terceiro trimestre,  conformarán un ciclo formativo a desenvolver durante este curso académico 2023-2024.





BIBLIOTECA DE AULA.

 A nosa biblioteca de aula funciona moi ben. María e Martín son dous superlectores que xa conseguiron o seu Trofeo e o seu Premio ao rematar o Caderno Lector que consta de dez fichas, unha por cada libro lido. Noraboa campeóns!!! Aos demais moito ánimo! Xa vos falta pouco.