xoves, 27 de xuño de 2019

PELÍCULA.

No seguinte vídeo quedan recollidos algúns dos momentos vividos durante este curso.
 Feliz verán!!!Disfrutade moito das vosas merecidas vacacións.
 Quérovos peques.

 

sábado, 1 de xuño de 2019

OS OFICIOS.

Na clase de 1º de Educación Primaria seguimos traballando Os Oficios e fomentando a Igualdade de Xénero.
Os nenos e nenas, a través dunha fotografía da súa mamá desempeñando o seu traballo, contáronnos moitas cousiñas:
-O nome do oficio.
-O nome do lugar de traballo.
-En que consiste.
-Que utensilios usa (logo reproducironnos con plastilina).
-Se eles o consideraban  importante e por que.