luns, 27 de abril de 2020

ACTIVIDADES LÚDICAS PARA OS/AS MÁIS PEQUENOS/AS.

SXPL (Secretaría Xeral de Política Lingüística), coa colaboración da CRTVG, tamén vos fornece de actividades lúdicas especialmente dirixidas ao alumnado máis novo. Trátase das curtas de animación do Programa Nós tamén creamos! que podedes atopar na aplicación do Xabarín Club http://www.crtvg.es/infantil/xabarin-tvg (premendo no X) e, así mesmo, en http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2019. Preme nas seguintes imaxes para acceder directamente: 




AULAS GALEGAS.

Aulas Galegas é un portal educativo no que un grupo de docentes pon á disposición de toda a comunidade escolar recursos didácticos e de lecer da maioría das materias curriculares, todos en galego. Podedes consultalos na seguinte ligazón:


venres, 24 de abril de 2020

23 DE ABRIL- DÍA DO LIBRO.

Esta semana foi a Semana do Libro. Ao meu alumnado propúxenlle a actividade "Eu quedo na casa lendo" que consistiu en elexir un libro dos propostos ou outro que lles gustase e facer lectura colectiva en familia durante toda a semana.O último día da semana fixeron un bonito debuxo do libro lido.
O resultado foi o seguinte:






Martina debuxounos a Mona Lisa:



Tamén elaboraron os seus propios marcapáxinas:







E finalmente,escribiron unha poesía para un amigo ou amiga da clase:








MENSAXE PARA O ALUMNADO DO CPIP "VIRXE DA CELA".

luns, 20 de abril de 2020

sábado, 11 de abril de 2020

ENTRADA NA AULA.

Desde principio de curso cada día saúdamonos deste xeito antes de entrar na aula. Vinno publicado " nalgún sitio" e gustoume para nós. Compartir ideas e aprender uns dos outros é estupendo e enriquecedor. Estou desexando poder facelo de novo, mentres tanto recordalo axudaranos a sentirnos xuntos e fortes.

 

mércores, 8 de abril de 2020

XOGOS MENTAIS.

Como estará a nosa memoria? Imos comprobar.


UXÍA LAMBONA.

Estes días de confinamento tamén podemos cantar e bailar con Uxía Lambona e a Banda Molona. Encántame!!! Espero que a vós tamén. A disfrutar peques.

luns, 6 de abril de 2020

EL CUENTO DE LAS MARIPOSAS.

Con este video de ioga para nenos espero que disfrutedes moito,practicando vós soiños ou coa vosa familia.Así levaredes moito mellor estes dias de confinamento. Moitos biquiños peques.

 

2 DE ABRIL.DÍA MUNDIAL DO AUTISMO.

mércores, 1 de abril de 2020

EU QUEDO NA CASA.

Aos meus nenos e nenas de 2º de Primaria quero darlles moito ánimo para seguir loitando contra o Coronavirus:
Estou superorgullosa de vós. Sodes os meus heroes, os que máis me ensinades.
Boto de menos os vosos sorrisos,os vosos agarimos e apertas, pero xa veredes,o arco da vella volverá a brillar logo e volveremos a soñar xuntiños.
Quérovos moito peques.