mércores, 22 de decembro de 2021

FESTIVAL DE NADAL 2.021

 Este ano celebramos o festival de Nadal o profesorado e o alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria. Oxalá que para o próximo curso poidan asistir tamén as familias e compartiren con nós estes lindos momentos. Desde o CPIP Virxe da Cela desexamos que teñades Boas Festas e que o Ano Novo veña cargadiño de saúde e cousas positivas.

xoves, 25 de novembro de 2021

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.








TEATRO INFANTIL: PINOCHO

Hoxe, 25 de novembro o alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria asistiu ao teatro no Pazo da Cultura en Narón para ver a obra "Pinocho" unha adaptación libre da obra de Carlo Collodi.A compañía de teatro Ghazafelhos coa colaboración de Rigoletto Teatro cóntanos a historia de Pinocchio, un títere universal que nos encheu de risa e emoción combinando monicreques, teatro e música.
Así o reflexaron os nen@s de 1ºEP nos seus debuxos:

















venres, 19 de novembro de 2021

HOXE CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS E AS NENAS

Desde o cole do Xestal  por e para todos os nenos e nenas do mundo!!!

SONRISAS PARA LA PALMA

Desde el CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero (Galicia), queremos enviar a todos los niños, niñas y habitantes de la isla de la Palma toda nuestra fuerza, ánimo y cariño.  

Deseamos que nuestras sonrisas y nuestra fuerza os lleguen y os den esperanza.

Con nuestros mejores deseos!!!

luns, 1 de novembro de 2021

PREMIOS CONCURSO DECORACIÓN DE CABAZAS.

Sara Prieto Souto 5º EI Premio á cabeza máis "fashion"

Iago Manuel Varela Vázquez, 1º EP,... á cabaza mellor transformada

Martín Amenedo Carballeira, 3º EP ...á cabaza ca mellor escenificación

Hugo López Pérez, 4º EP... á cabaza máis arrepiante

Aroa Martínez Belda, 3º EP … á cabaza máis artística

Mario Prieto Souto, 1⁰ EP. … á cabaza máis reivindicativa

Brais Díaz Domínguez, 5º EI. ... á cabaza máis elegante

Icía Seco Abeal, 3º EP, ... á cabaza máis divertida

Cabazas premiadas by veracruces on Scribd


xoves, 28 de outubro de 2021

O SAMAÍN.

 Chegou o Samaín! E, con este día a noite das meigas, das cabazas terroríficas, dos disfraces aterradores... pero tamén para pasalo de medo.No CPI Virxe da Cela imos practicando.






















martes, 19 de outubro de 2021

OS INSTRUMENTOS DO PÓRTICO DA GLORIA.

  O alumnado de música de 4º da ESO impartiu un interesante obradoiro sobre os instrumentos do Pórtico da Gloria ao alumnado de educación primaria (luns 18 outubro 2021). 




CARAS QUE DAN MEDO.

 O equipo da biblioteca proponvos participar nunha actividade colectiva para decorar a biblioteca no Samaín.

A actividade consiste en facer unha cara a partires dunha lata baleira de refresco.

Algunhas orientacións para facela:

O primeiro paso sería darlle forma presionando cos dedos para facer ollos e boca. Isto non é imprescindible, se vedes dificultade poderían ir sen deformar.


O segundo paso consiste en forrar o bote con anacos de papel de seda, ou de secar as mans, ou papel de xornal ou calquera outro que vexades que pega ben no aluminio da lata. No almacén tedes cola branca e outros pegamentos.

Por último decorar o bote con témperas ou ceras brandas.


Estas indicacións son suxestións, podedes facer todas as variacións que queirades, o que si vos pedimos é que na parte de atrás non haxa decoración e que tampouco collan moito peso  porque ca totalidade das latas crearemos unha obra colectiva pegándoas todas nun panel, segundo a obra “Sen saída” de Manolo Quejido:

As datas para entregar os traballos son luns 25 e martes 26 de outubro na biblioteca.

martes, 21 de setembro de 2021

CANTAMOS .

Esta canción ensinaronma os meus peques.Os nenos aprenden moito dos mestres, pero cantas cousas nos ensinan eles todos os días... E non me refiro só a cancións.Eles son os mellores mestres.

 

sábado, 11 de setembro de 2021

CURSO 2021-2022

Benvidos e benvidas a este novo curso, en especial ao meu alumnado de 1º de Educación Primaria, os máis pequenos desta etapa que comezan unha nova andaina. Mirade que bonitiños son!!!