venres, 25 de novembro de 2022

CONMEMORACIÓN 25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Hoxe, venres 25 de novembro de 2022, conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Profesorado e alumnado das tres etapas educativas reunimonos no recreo para levar a cabo un acto simbólico no que o alumnado do centro compartiu as súas pancartas, collages e e outros materiais con lemas contra a violencia de xénero.” Ademais, durante estes últimos días realizáronse diferentes actividades de sensibilización nas aulas e titorías, elaborouse un video coxunto, e organizouse unha exposición con paneis e bibliografía específica na Biblioteca Castelao.

   

luns, 14 de novembro de 2022

MANUALIDADES.

Ideas que molan!!!! E así de chulos quedaron as manualidades do alumnado de 2º:
















POESÍA NA AULA.

 O alumnado de 2º de Primaria escoita poesía, recita poesía e crea poesía. No 1º trimestre compuxeron unha sobre O MAGOSTO entre toda a clase.




xoves, 10 de novembro de 2022

PEGADAS DO NOSO.

   Con este obradoiro dinamizado por Xandobela Xestión e Dinamización Sociocultural e, en concreto, por Nerea, o alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria fíxose experto no noso patrimonio (martes 8 novembro 2022). Aprenderon a diferenciar entre o patrimonio material (como os edificios) e o inmaterial. Da man "da avoa Rosa" afondaron no coñecemento da nosa cultura a través de diferentes probas e retos. 

    Falaron do traxe tradicional (identificando os nomes das diferentes prendas: polainas, mandil, mantón...), dos contos de tradición oral (da santa compaña ou do lobishome), da mitoloxía (o basilisco, o nubeiro, o morralleiro ou home do saco, os trasnos..) e das cantigas. Todos e todas gañaron un carné especial que os acreditou como investigadores expertos da nosa cultura. Sen dúbida, esta proposta foi perfecta para achegar á rapazada a riqueza do noso patrimonio cultural inmaterial.