venres, 16 de decembro de 2022

BIBLIOTECA DE AULA.

 Os libros da nosa biblioteca de aula van ás casas e veñen de volta de contadiño.Viaxan rapidiño. Así Erea e María remataron xa o seu caderno lector de 10 fichas e conseguiron o Diploma ás mellores Lectoras e un Premio.

Mario conseguiu o 2º Premio e Xabi o 3ºPremio.

Aquí os vemos orgullosas e orgullosos dos seus traballos.





venres, 2 de decembro de 2022

"ARGALLANDO": CREACIÓN LIBRE CON MATERIAL NATURAL.

 Miudiño S.Coop.Galega impartiu ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria un interesante obradoiro o pasado martes 29 de novembro de 2022.  “Argallando” foi un obradoiro de liberdade creativa absoluta, no que a cativada aprendeu que ten a posibilidade, por si mesma, de transformar, modificar e crear os seus xoguetes, artefactos e demais inventos. Presentouse unha morea de material natural e ferramenta de verdade para que os nenos e nenas participantes deciciran que querían facer, como, canto e par qué. O coñecemento do risco tórnase elemento indispensable na aprendizaxe da manipulación da ferramenta. Só aprendendo a manexar lixas, punzón, serriñas, martelos…, podemos proporcionarlle á nosa cativada a liberdade necesaria para facer dos seus soños realidade. Nenos e nenas entrégaronse á causa, e sendo donos do seu tempo e corpo, foron quen de facernos reflexionar sobre a necesidade de confianza e asunción de riscos para o seu desenvolvemento e diversión.


venres, 25 de novembro de 2022

CONMEMORACIÓN 25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Hoxe, venres 25 de novembro de 2022, conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Profesorado e alumnado das tres etapas educativas reunimonos no recreo para levar a cabo un acto simbólico no que o alumnado do centro compartiu as súas pancartas, collages e e outros materiais con lemas contra a violencia de xénero.” Ademais, durante estes últimos días realizáronse diferentes actividades de sensibilización nas aulas e titorías, elaborouse un video coxunto, e organizouse unha exposición con paneis e bibliografía específica na Biblioteca Castelao.

   

luns, 14 de novembro de 2022

MANUALIDADES.

Ideas que molan!!!! E así de chulos quedaron as manualidades do alumnado de 2º:
















POESÍA NA AULA.

 O alumnado de 2º de Primaria escoita poesía, recita poesía e crea poesía. No 1º trimestre compuxeron unha sobre O MAGOSTO entre toda a clase.




xoves, 10 de novembro de 2022

PEGADAS DO NOSO.

   Con este obradoiro dinamizado por Xandobela Xestión e Dinamización Sociocultural e, en concreto, por Nerea, o alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria fíxose experto no noso patrimonio (martes 8 novembro 2022). Aprenderon a diferenciar entre o patrimonio material (como os edificios) e o inmaterial. Da man "da avoa Rosa" afondaron no coñecemento da nosa cultura a través de diferentes probas e retos. 

    Falaron do traxe tradicional (identificando os nomes das diferentes prendas: polainas, mandil, mantón...), dos contos de tradición oral (da santa compaña ou do lobishome), da mitoloxía (o basilisco, o nubeiro, o morralleiro ou home do saco, os trasnos..) e das cantigas. Todos e todas gañaron un carné especial que os acreditou como investigadores expertos da nosa cultura. Sen dúbida, esta proposta foi perfecta para achegar á rapazada a riqueza do noso patrimonio cultural inmaterial.

luns, 31 de outubro de 2022

SAMAÍN


O venres, 28 de outubro Xornada festiva no CPI Plurilingüe Virxe da Cela para celebrar o Samaín.  Na xornada non faltaron os disfraces para ambientar a celebración. En horario de tarde todo o alumnado e profesorado do centro reuniuse no patio cuberto para desgustar unhas riquísimas castañas asadas e entregar os diplomas do concurso de "Decoración de portas Samaín".

Podedes ver un resumo no seguinte vídeo






mércores, 26 de outubro de 2022

VISITA AO TEATRO.

 Hoxe o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de EP acudiu ao teatro, ao Pazo da Cultura do Concello de Narón para ver a obra " A cazola de Lola" representada pola Compañía Tanxarina. Poideron apreciar os valores e as normas de convivencia e comprender que a inclusión é recoñecer que todas as persoas teñen habilidades e potencialidades propias, distintas ás dos demais, polo que as distintas necesidades exixen respostas diversas.









Así o reflexaron algúns nen@s de 2º EP nos seus debuxos:











luns, 10 de outubro de 2022

VISITA AO ARSENAL DE FERROL.

 Hoxe o alumnado de 1º a 5º de Educación Primaria do noso colexio realizou unha visita ao Arsenal de Ferrol onde viaxaron en barco (Bautismo de mar ) co gallo da celebración da Festa Nacional. De seguido foron visitar as instalacións do Porto de Ferrol.