mércores, 23 de outubro de 2019

TEATRO "PATAPATÚM"

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria asistiu hoxe ao Auditorio de Narón para ver a obra "Patapatúm" da compañía de teatro Elefante Elegante.
Unha montaña de agasallos! Os pequenos non dan feito entre tanto xoguete e mentres os adultos non son quen de atopar un oco na axenda para compartir a fantasía cos máis pequenos.
PATAPATÚM é un espectáculo de teatro visual sen palabras que amosa unha reflexión sobre o tempo, a crianza e cómo enchemos os baleiros das nosas ausencias.







O alumnado de 2º reflexouno con estes bonitos debuxos:








mércores, 16 de outubro de 2019

domingo, 13 de outubro de 2019

PEQUENOS OLLOS,GRANDES OBRAS.

O alumnado do CPI Virxe da Cela realiza un particular percorrido polas obras de diferentes mulleres artistas. Unha forma de mergullarse na arte e de debatir sobre diferentes obras, aportando a súa opinión e concienciando sobre a existencia de mulleres artistas. "Pequenos Ollos, Grandes Obras" pretende ser unha canle para achegar a arte e todas as súas implicacións á xente máis cativa. 👩‍🎨 Neste paseo audiovisual desfrutaremos de: 'Concorde' de Maruxa Mallo 'Ubi Girl from Tai Region' de Löis Mailou 'Sen título' de Lee Krasner 'Hacia acuario' de Remedios Varo.

Unha produción do CPI Virxe da Cela coa colaboración do Laboratorio de Radio e o apoio de Ayuda en Acción Fundación La Caixa.
Que grandes os peques! E que gran traballo o de Sergio e Lucía!