xoves, 13 de abril de 2023

INTERCAMBIO POSTAL.

 Este curso o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria está realizando un intercambio postal co alumnado dos mesmos cursos do CEIP Maciñeira de Neda.Recibiron as súas cartas cheos de ilusión a finais de febreiro e agora toca enviar as contestacións.

O día 20 de xuño temos programada unha xornada de convivencia no CEIP Maciñeira para que poidan coñecerse persoalmente.









EDUCAR EN POSITIVO DENDE AS EMOCIÓNS.

 O vindeiro 25 de abril de 16 a 17.30h contaremos cunha actividade para as familias baixo o titulo  “Educar en positivo dende as emocións” da man de Educabonito.

Organizada desde a Fundación Ayuda en Acción en colaboración coa ANPA e o centro educativo queremos que crear un espazo onde compartir inquedanzas e aprendizaxes a partir da Disciplina positiva.

Contamos coa vosa presenza!!!!!

Durante a actividade contaremos cun servizo de ludoteca para as nenas e nenos en función da demanda. Para inscribirse na actividade pode ser a través do formulario ou por teléfono, como indica o cartel.