sábado, 25 de novembro de 2023

25-N

Dende o centro queremos homenaxear este día tendo en conta a óptica do bo trato. Para iso, unha alumna de cada clase foi retratada e o grupo foi o encargado de reflexionar e facer unha posta en común sobre isto.

Por último, o fío negro representa unha unión como comunidade e onde todos e todas seguindo o bo trato acadaremos unha sociedade mellor.



martes, 14 de novembro de 2023

SEMENTEIRAS.

Onte tivemos no centro a actividade PAISAXES BIBLIOGRÁFICAS  deseñada para favorecer o gusto pola lectura e dar valor a súa relación co medio natural.

Desta forma, a  través dunha selección de títulos de literatura infantil e xuvenil especialmente pensados con esta fin  e relacionados co noso territorio descubrimos novas formas de ver o mundo, a través das metáforas, dos recursos poéticos, da ilustración, da identificación coas personaxes e os mundos que a habitan.

A actividade tivo lugar na biblioteca e a persoa que  a realiza á actividade, Sonia Hermida,  Al otro lado Asociación de familias lectoras empregou  material de refugallo (folios xa usados, anacos de papel, botóns, cartón, chapas, cordeis, lazos, envoltorios de paquetes...) e tamén, elementos naturais da nosa contorna recollidos nun paseo que se realizou en familia polo alumnado de 3º e 4º curso, destinatarios da actividade

 Sementeira, Proxecto Terra. 








                                                       

sábado, 11 de novembro de 2023

CONSELLO DA INFANCIA NO CPI VIRXE DA CELA.

 Mércores 8 de novembro 2023. Euroeume. Nerea Allegue e Nuria Fernández, educadoras sociais de Euroeme. 2 alumnos/as representantes de cada curso de educación primaria. Turnos rotativos. Elección de presidente/a e secretario/a. Acta. 

Nerea e Nuria, amosaron a súa satisfacción co compromiso e participación das e dos representantes do I Consello Escolar da Infancia. Neste primeiro consello decidiuse de que modo traballaremos nos seguintes consellos, dando resposta ás necesidades recollidas días atrás. Ambas están moi contentas por terse creado este espazo, onde a infancia do cole poida expresarse, e ser escoitada e tida en conta. Esperando que poida servir de axuda para concienciar ás nenas e nenos da importancia das súas voces, así como a súa implicación na mellora do seu cole".








PROGRAMA COIDANDO-NÓS-1 by veracruces on Scribd