mércores, 27 de maio de 2026

VISITA AO CASTRO DE VILADONGA.

 No día de hoxe o alumnado de 3º e 4º de EP realizou unha saída ao Castro de Viladonga, onde tiveron a oportunidade de participar nunha visita guiada polo museo e polo castro. Tamén realizaron un obradoiro de técnicas para facer lume.






















































luns, 25 de maio de 2026

50 ANIVERSARIO

MAIOS E LETRAS GALEGAS.

Hoxe foi un día moi especial no CPI Virxe da Cela. Letras, música e tradición da nosa terra, nunha festa popular ao aire libre. Alumnado das diferentes etapas educativas xuntámonos no exterior, nunha sesión vermú a base de empanada, tortilla e moita auga para combatir as altas temperaturas. Non faltou a música, o baile, e a literatura. Cultura enxebre a golpe de calor tropical. Contamos con Richi Casás como pregoeiro desta celebración, e numerosas persoas convidadas achegáronse a presentar a figura de Begoña Camaño, así como a amenizar con música a xornada.

Un escenario de luxo, decorado especialmente para a ocasión: unha fermosa alfobra floral, típica dos Maios, que homenaxeaba á vez ao CPI Virxe da Cela no seu 50 aniversario. Parabéns a este centro do rural por ter sobrevivido por cinco décadas ás ameazas da despoboación. Ogallá que sigades camiñando outros moitos anos. 

Os Maios, xunto coas Letras Galegas, foron o outro fío conductor da celebración. Todas as clases pasaron polo escenario regalando ao público a súa arte no recitado de coplas, as danzas colectivas e os cantares populares.

Colorida alfombra floral con motivos de homenaxe ao 50 Aniversario do CPI Virxe da Cela

Richi Casás, dando o pregón e transmitindo o legado 
de Rosa e Adolfina Casás, homenaxeadas nas letras Galegas 2025 a Begoña Camaño. 


Xantar popular a base de empanada e tortilla

Alumnado de 4ª EI e 5º EP recitando coplas do Maio

Alumnado de 5º EI recitando coplas

Alumnado de 4º EP cantando A Saia de Carolina, acompañamento frautas e acordeón

6º EP cantando coplas "Celebramos este maio no colexio do Xestal"



Danza de Fitas 1º EP, ao son da Muiñeira de Chantada

2º EP cantando coplas de Maio "Chega a Primavera"

Alumnado de 6º EI e 6º EP bailando "Tataravoa" co acompañamento das pandereiteiras

Danza de Fitas 2º EP ao son da Muiñeira da Grelada, acompados por gaitas e pandeiretas


Músicos do Grupo de Folclore Virxe da Cela


Danza das Fitas 2º ESO

Grupo de pandereiteiras do CPI Virxe da Cela

Músicos convidados. De esquerda a dereita:
Alberto Barreiro "Warren", Dani Vidal, Mónica Maceiras, Lucía Vázquez e Cristina Sánchez


Fin de festa. De esquerda a dereita: 
Niko (auxiliar conversa), Lucía Vázquez, Dani Vidal, Mónica Maceiras, Alberto Barreiro "Warren ", Cristina Sánchez (músicos convidados),  Ismael e Álvaro (mestres en prácticas) e  Richi  Casás (pregoeiro).





xoves, 26 de marzo de 2026

VISITA MARUXAS DE NATA.

 O alumnado de 4º EP realizou hoxe unha saída escolar ao concello de San Sadurniño para coñecer un doce típico de Galicia: MARUXAS DE NATA.

Descubriu como se elaboran estes doces de maneira artesanal, coñecendo os ingredientes e participando no proceso de elaboración. Os nenos e nenas puideron elaborar as súas propias galletas.






















mércores, 3 de decembro de 2025

VISITA AO MUSEO DAS MARIÑAS E AO LAVADOIRO DE BETANZOS.

 O mércores 4 de decembro, o alumnado de terceiro e cuarto de Educación Primaria visitou o Museo das Mariñas e o Lavadoiro Modernista de Betanzos para coñecer un pouco máis o oficio das lavandeiras, os traxes tradicionais e a exposición de Xoana Abraira: "O oficio de lavar" a partir da cal o alumnado elaborou a súa propia exposición para o 25N. 

Todo isto enmarcado dentro do noso PDI "TIRANDO DO FÍO". 



martes, 25 de novembro de 2025

CONMEMORACIÓN 25 N

 

 A comunidade educativa do CPI Virxe da Cela reuniuse o martes 25 de novembro de 2025 no patio cuberto para conmemorar unha data moi significativa: o Día Internacional da Vioencia contra a Muller. O acto iniciouse cunha pequena presentación de posicionamento para combater esta problemática social e xa a continuación alumnado e profesorado cantou e signou o famoso tema La Puerta Violeta de Rozalén, toda unha metáfora do escape e a liberación das mulleres. Agradecemos a Lola Flores, alumna de 4º da ESO, e a Diego Garabana, alumno de 2º de ESO, por ofrecernos a súa voz e a súa guitarra respectivamente, interpretando a música en directo.