Benvid@s a 5º de Primaria!
Comezamos unha nova aventura!
Abrimos a porta da aula para encontrarnos, compartir, aprender e disfrutar xuntos.
Preparados, listos... comezamos!
Feliz curso 2.026 - 2.027!
Benvid@s a 5º de Primaria!
Comezamos unha nova aventura!
Abrimos a porta da aula para encontrarnos, compartir, aprender e disfrutar xuntos.
Preparados, listos... comezamos!
Feliz curso 2.026 - 2.027!
Meus queridos alumn@s:
O día 19 de xuño rematamos unha etapa chea de aprendizaxes, esforzos e momentos compartidos.
Parabéns polos vosos logros! Agora descansade, xogade e desfrutade das vosas familias e das vacacións.
Hoxe, eu tamén remato curso, co corazón cheo de historias, sorrisos e cariño, recordándovos e pensando que, sen vós sabelo, cambiastedes un cachiño da miña vida.
Vémonos en setembro!!!
O alumnado de 4º de Educación Primaria investigou para elaborar biografías de persoas relevantes no ámbito do deseño, pintura, costura... nas que aparecen tamén a bandeira do seu país e a súa localización no mapamundi. As biografías forman este mural que demostra como a arte de coser, pintar, deseñar... conecta a persoas de todo o mundo e de distintas épocas.
No día de hoxe o alumnado de 3º e 4º de EP realizou unha saída ao Castro de Viladonga, onde tiveron a oportunidade de participar nunha visita guiada polo museo e polo castro. Tamén realizaron un obradoiro de técnicas para facer lume.
Hoxe foi un día moi especial no CPI Virxe da Cela. Letras, música e tradición da nosa terra, nunha festa popular ao aire libre. Alumnado das diferentes etapas educativas xuntámonos no exterior, nunha sesión vermú a base de empanada, tortilla e moita auga para combatir as altas temperaturas. Non faltou a música, o baile, e a literatura. Cultura enxebre a golpe de calor tropical. Contamos con Richi Casás como pregoeiro desta celebración, e numerosas persoas convidadas achegáronse a presentar a figura de Begoña Camaño, así como a amenizar con música a xornada.
Un escenario de luxo, decorado especialmente para a ocasión: unha fermosa alfobra floral, típica dos Maios, que homenaxeaba á vez ao CPI Virxe da Cela no seu 50 aniversario. Parabéns a este centro do rural por ter sobrevivido por cinco décadas ás ameazas da despoboación. Ogallá que sigades camiñando outros moitos anos.
Os Maios, xunto coas Letras Galegas, foron o outro fío conductor da celebración. Todas as clases pasaron polo escenario regalando ao público a súa arte no recitado de coplas, as danzas colectivas e os cantares populares.