Sesión de contacontos para o alumnado de 1º a 4º de primaria a cargo dos rapaces e rapazas de 3º de ESO. O alumnado da ESO a través do conto “Na procura dun mundo marabilloso”, narrou a historia dun grupiño de nenos e nenas liderados por Liberdade que se embarcan nunha viaxe por un camiño longo e verde na procura dun mundo mais humano e mellor.
xoves, 28 de novembro de 2024
SESIÓN DE CONTACONTOS PARA CONMEMORAR O DÍA INTRENACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA.
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.
Un ano máis celebramos o 25N, Día contra a Violencia de Xénero. Entre todo o alumnado do centro creamos un mural co lema "Abre as túas ás e voa".
domingo, 17 de novembro de 2024
OBRADOIRO SOBRE ACCESIBILIDADE PARA UN CENTRO INCLUSIVO.
Beatriz Riaño, terapeuta ocupacional, visitou o noso centro o venres 15 de novembro de 2024 para impartir obradoiros sobre accesibilidade. Foron realizados en tres quendas ao longo do día: dúas quendas para 1º ciclo de EP e 2º ciclo de EP no horario de mañá, e xa pola tarde a quenda do alumnado de educación infantil.
Partimos da necesidade de ofrecer un centros educativo comprensible, capaz de proporcionar contornas e espazos onde as persoas os comprendan dunha maneira fácil, segura e autónoma o que facilitará que toda a comunidade coñeza e comprendan os múltiples elementos cos que conta o centro desde un punto de vista accesible.
Imaxes da actividade.
mércores, 30 de outubro de 2024
MAGOSTO - SAMAÍN
luns, 28 de outubro de 2024
ACOMPAÑAMENTOS NA BIBLIOTECA DO COLE.
Un día á semana na hora de ler, os nenos e nenas de EI e EP acudirán á biblioteca a ler en parellas. Os luns tócalles a quenda ao alumnado de 3º de EP e 4º de EI. Velaí van unhas imaxes destes momentos tan especiais.
sábado, 19 de outubro de 2024
OBRADOIRO DE RECOLLIDA SELECTIVA CON SOGAMA.
A finalidade desta actividade é aprender a realizar unha recollida selectiva dos residuos xerados no centro coa finalidade de xerar unha conciencia ecosocial das nosas responsabilidades persoais. Para isto contamos coa colaboración de Sogama que é encargada de impartir os tres obradoiros nos que participou o alumnado da etapa da Ed. Primaria.
A idea é que os contedores de separación do lixo cos que contamos no centro sexan aproveitados adecuadamente. Ademais, este curso queremos darlle pulo á compostaxe para que a horta escolar non careza dos nutrientes necesarios para que a mesma creza esplendorosa.
Desta forma, Cristina a monitora da actividade, acompañounos durante toda esta xornada escolar.
Moitas grazas!!!!
xoves, 26 de setembro de 2024
mércores, 11 de setembro de 2024
VOLTA AO COLE!
Benvid@s a este novo curso: familias, profesorado e alumnado, especialmente ao meu de 3º EP. Que riquiños!!!Deséxovos moito ánimo, moita ilusión e que disfrutedes do curso.
venres, 21 de xuño de 2024
FIN DE CURSO.
Hoxe EI e EP celebramos unha xornada de xogos tradicionais no patio exterior para finalizar este curso.