mércores, 3 de decembro de 2025

VISITA AO MUSEO DAS MARIÑAS E AO LAVADOIRO DE BETANZOS.

 O mércores 4 de decembro, o alumnado de terceiro e cuarto de Educación Primaria visitou o Museo das Mariñas e o Lavadoiro Modernista de Betanzos para coñecer un pouco máis o oficio das lavandeiras, os traxes tradicionais e a exposición de Xoana Abraira: "O oficio de lavar" a partir da cal o alumnado elaborou a súa propia exposición para o 25N. 

Todo isto enmarcado dentro do noso PDI "TIRANDO DO FÍO". 



martes, 25 de novembro de 2025

CONMEMORACIÓN 25 N

 

 A comunidade educativa do CPI Virxe da Cela reuniuse o martes 25 de novembro de 2025 no patio cuberto para conmemorar unha data moi significativa: o Día Internacional da Vioencia contra a Muller. O acto iniciouse cunha pequena presentación de posicionamento para combater esta problemática social e xa a continuación alumnado e profesorado cantou e signou o famoso tema La Puerta Violeta de Rozalén, toda unha metáfora do escape e a liberación das mulleres. Agradecemos a Lola Flores, alumna de 4º da ESO, e a Diego Garabana, alumno de 2º de ESO, por ofrecernos a súa voz e a súa guitarra respectivamente, interpretando a música en directo. 


martes, 16 de setembro de 2025

UN, DOUS, TRES... COMEZAMOS!!!

 Novo curso, novas metas e moitas aventuras por aprender. A clase de 4º de Educación Primaria está chea de maxia, curiosidade e grandes mentes. Aquí medraremos, compartiremos e brillaredes. Benvidos e benvidas! 






venres, 20 de xuño de 2025

FIN DE CURSO.

 Colorín, colorado este curso está rematado.Nestes meses compartimos aprendizaxes, risas e momentos preciosos que quedarán na nosa lembranza. Estou orgullosa de vós porque vin que sodes persoas curiosas,xenerosas e con moitos intereses. Recargade enerxía no verán e voltade coas mochilas cargadas de ilusión! Vémonos en 4º de Primaria.Botarémoste de menos, Sonia.Bo verán!!!  










































mércores, 11 de xuño de 2025

O NOSO DICIONARIO DE GALEGO.

 En 3º EP e 4º EP creouse un dicionario en cada clase coas palabras descoñecidas que foron aparecendo durante o curso nas sesións impartidas en lingua galega. Esta actividade axudoulles a aumentar o vocabulario, mellorar a ortografía e a caligrafía, adquirir destrezas de autoaprendizaxe e autonomía e a fomentar o traballo en equipo.