venres, 31 de xaneiro de 2025
martes, 21 de xaneiro de 2025
OBRADOIRO " RADIO CUN SORRISO".
Comezan os obradoiros de radio escolar no centro en colaboración coa ONG Agareso.
“Radio cun sorriso” é unha iniciativa do noso centro para traballar na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e o benestar empegando a radio como unha ferramenta de aprendizaxe e cambio social, o que concorda co traballo realizado por Agareso (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social)
Así, as temáticas estarán enfocadas cara ao tratamento dos ODS desde a análise e posta en valor da realidade contextual para despois enfocala cara á globalidade e contando con referentes significativos desta (familias, entidades, asociacións,...) que nos acheguen a propostas de desenvolvemento endóxeno sustentable.
luns, 20 de xaneiro de 2025
OBRADOIRO PASANDO A BÓLA.
Este curso contamos
co obradoiro promovido pola Consellería de Educación no
marco do programa contra o acoso escolar: PASANDO A BÓLA, XOGANDO
PARA CAMBIAR, do cal o noso centro resultou beneficiario. Ven da mán da Xanela de Maxín. PASANDO A BÓLA XOGANDO
PARA CAMBIAR emerxe como un evento de intervención escolar e
social, onde o xogo dramático serve como ferramenta poderosa
para concienzar ao alumnado. A partir de aí explóranse solucións que se porán
en práctica a través do teatro. Esta actividade está
baseada no libro “A Banda dos insectos” de Celtia Figueiras e inspirado
na técnica de Augusto Boal e o teatro do oprimido.
Unha actividade aborda de forma
única o problema do bullying no
contexto escolar. Neste encontro singular, a
guía da intervención, coa contará coa colaboración do alumnado
voluntario como actores e actrices. En conxunto,
escenificarán escenas construídas especialmente para representar as
diversas manifestacións do acoso nas escolas. Trala presentación destas
escenas, a audiencia convértese en parte activa do proceso. O
alumnado aporta solucións aos comportamentos observados,
encarnando e mostrando tamén as novas solucións propostas como parte da
actuación. “Pasando a bóla Xogando para
cambiar” non só ofrece un enfoque innovador para abordar o bullying,
senón que tamén fomenta a participación activa da comunidade escolar na creación
de solucións. A través do xogo teatral, a audiencia non só toma conciencia da problemática, senón que tamén se converte en axente de cambio. Construirán xuntos unha resposta colectiva que promove un ambiente escolar máis seguro e respetuoso. |
luns, 13 de xaneiro de 2025
VISITA AO ACUARIO.
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria foi de excursión ao Aquarium Finisterrae da Coruña.
A visita favoreceu o coñecemento da biodiversidade mariña, realizando unha visita guiada polas distintas salas, ademáis de poder ver como lle daban de comer ó tiburón Gastón e ás focas.