Comezan os obradoiros de radio escolar no centro en colaboración coa ONG Agareso.
“Radio cun sorriso” é unha iniciativa do noso centro para traballar na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e o benestar empegando a radio como unha ferramenta de aprendizaxe e cambio social, o que concorda co traballo realizado por Agareso (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social)
Trátase de obradoiros mensuais destinados aos cursos de 3º a 6º da Ed. Primaria e aos catro niveis da ESO dentro das materias de Lingua e literatura galega. Estes obradoiros están deseñados para integrar a radio no tratamento curricular das áreas e materias do centro e darlle valor na súa dimensión social ao tempo que favorecen o desenvolvemento das competencias comunicativas do alumnado. Asemade, fomentan o diálogo e a reflexión sobre aqueles temas que máis lles preocupan, sempre dende unha perspectiva positiva e tentando achegar solucións (axudando no seu benestar emocional).
Así, as temáticas estarán enfocadas cara ao tratamento dos ODS desde a análise e posta en valor da realidade contextual para despois enfocala cara á globalidade e contando con referentes significativos desta (familias, entidades, asociacións,...) que nos acheguen a propostas de desenvolvemento endóxeno sustentable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario