Na última semana do mes de abril 2019 celebramos no colexio a SAME (Semana Mundial de Acción pola Educación). Este ano o lema é “Defendemos a educación, sostemos o mundo” e a campaña está centrada na loita contra a degradación medioambiental e a transformación cara un modelo social e medioambiental sostible. O alumnado de 2º de ESO nas materias de Relixión e Valores Éticos deseñou e levou a cabo un gran mural para difundir o lema da campaña. E como actividade conxunta cada clase ou grupo do centro elixiu palabras que relacionadas co lema da campaña (por exemplo: ecoloxía, cambio climático, planeta, reciclaxe, etc) e construiu as letras desas palabras utilizando vasos de iogur (na base de cada vaso vai pintada unha letra).
O venres 26 de abril habilitouse un espazo na biblioteca que serviu de base para ir construíndo un gran “autodefinido” conxunto (EI, EP e ESO). Ao longo da mañá cada grupo baixou acompañado polo seu titor/a para colocar as súas palabras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario