martes, 1 de xuño de 2021

PODCAST XELA ARIAS

O alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI Virxe da Cela de Monfero reflexiona sobre a importancia de lembrar as persoas que xa non están. Teñen que responder ás seguintes preguntas: Por que temos que recordar as persoas que xa non están? Que podemos facer para que nos recorden? Despedir a unha poeta, despedir a Xela Arias...como o fariades? Inspirámonos no libro de Emma Pedreira e Laura Romero,‘Xelarias, Palabra a intemperie’ (Baía Edicións) e as preguntas que lanzan sobre como despedir a Xela Arias. Unha produción de RTV Enxebre, un proxecto de Ayuda en Acción, co apoio de Fundación Repsol e Fundación La Caixa e desenvolvido por Laboratorio de Radio.

 

O alumnado de 3º de Primaria do CPI Virxe da Cela celebran o Día das Letras Galegas 2021 cun concurso sobre a homenaxeada: Xela Arias. Un xeito de aprender divertido, traballando en equipo e que nos achegou a figura da poeta, tradutora e editora que foi Xela Arias. RTV Enxebre é un proxecto de Ayuda en Acción, co apoio de Fundación Repsol e Fundación la Caixa. Desenvolve Laboratorio de Radio.


Ningún comentario:

Publicar un comentario