mércores, 1 de febreiro de 2023

DÍA DA PAZ NO CPI VIRXE DA CELA.

O Luns 30 de xaneiro de 2023, conmemoramos o Día da Paz e da Non Violencia nun acto conxunto no que todo o alumnado e profesorado do centro visibilizamos unidos o noso compromiso cara á erradicación da violencia e o establecemento dunha cultura da paz no noso día a día. Ás 12:00 todos os grupos reuníronse no patio cuberto e os nenos e nenas foron achegándose ordenadamente a unha fermosa árbore que mercou a AMPA para ir colgando etiquetas cos seus desexos para acadar a paz. Posteriormente un voceiro de cada clase recitou para os/as asistentes a frase da paz que representaba ao seu grupo. A música deu lugar á clausura do acto, e os alí presentes bailaron e cantaron ao son do tema "Apertas que Voan" de Paco Nogueiras.

 










Ningún comentario:

Publicar un comentario