martes, 12 de marzo de 2024

OBRADOIRO CHARO PITA

 Hoxe contamos na Biblioteca Castelao cun obradoiro de narración oral impartido por Charo Pita. Realizouse en tres quendas: 5º EP de 10.30 a 11.30, 3º EP de 12.00 a 13.00 e 4º EP de 13.00 a 14.00.Os rapaces e rapazas estiveron atentos e participativos, aprendendo trucos e claves para sacarlle o mellor partido á nosa voz e potenciar a nosa oralidade, algo clave á hora de traballar no medio radiofónico. Precisamente dentro do Programa Radio na Biblio os máis pequenos/as están a aprender como transformar un relato escrito nunha historia para ser narrada.Encantounos ter a oportunidade de coñecer a Charo Pita nesta súa vertente pedagóxica.









Ningún comentario:

Publicar un comentario