Hoxe foi un día moi especial no CPI Virxe da Cela. Letras, música e tradición da nosa terra, nunha festa popular ao aire libre. Alumnado das diferentes etapas educativas xuntámonos no exterior, nunha sesión vermú a base de empanada, tortilla e moita auga para combatir as altas temperaturas. Non faltou a música, o baile, e a literatura. Cultura enxebre a golpe de calor tropical. Contamos con Richi Casás como pregoeiro desta celebración, e numerosas persoas convidadas achegáronse a presentar a figura de Begoña Camaño, así como a amenizar con música a xornada.
Un escenario de luxo, decorado especialmente para a ocasión: unha fermosa alfobra floral, típica dos Maios, que homenaxeaba á vez ao CPI Virxe da Cela no seu 50 aniversario. Parabéns a este centro do rural por ter sobrevivido por cinco décadas ás ameazas da despoboación. Ogallá que sigades camiñando outros moitos anos.
Os Maios, xunto coas Letras Galegas, foron o outro fío conductor da celebración. Todas as clases pasaron polo escenario regalando ao público a súa arte no recitado de coplas, as danzas colectivas e os cantares populares.
Colorida alfombra floral con motivos de homenaxe ao 50 Aniversario do CPI Virxe da Cela
Richi Casás, dando o pregón e transmitindo o legado
de Rosa e Adolfina Casás, homenaxeadas nas letras Galegas 2025 a Begoña Camaño.
Xantar popular a base de empanada e tortilla
Alumnado de 4ª EI e 5º EP recitando coplas do Maio
Alumnado de 5º EI recitando coplas
Alumnado de 4º EP cantando A Saia de Carolina, acompañamento frautas e acordeón
6º EP cantando coplas "Celebramos este maio no colexio do Xestal"
Danza de Fitas 1º EP, ao son da Muiñeira de Chantada
2º EP cantando coplas de Maio "Chega a Primavera"
Alumnado de 6º EI e 6º EP bailando "Tataravoa" co acompañamento das pandereiteiras
Danza de Fitas 2º EP ao son da Muiñeira da Grelada, acompados por gaitas e pandeiretas
Músicos do Grupo de Folclore Virxe da Cela
Danza das Fitas 2º ESO
Grupo de pandereiteiras do CPI Virxe da Cela
Músicos convidados. De esquerda a dereita:
Alberto Barreiro "Warren", Dani Vidal, Mónica Maceiras, Lucía Vázquez e Cristina Sánchez
Fin de festa. De esquerda a dereita:
Niko (auxiliar conversa), Lucía Vázquez, Dani Vidal, Mónica Maceiras, Alberto Barreiro "Warren ", Cristina Sánchez (músicos convidados), Ismael e Álvaro (mestres en prácticas) e Richi Casás (pregoeiro).
Ningún comentario:
Publicar un comentario