martes, 18 de xuño de 2024

FALANDO DOS REFRÁNS.

 Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria estiveron a facer un traballo de investigación sobre a nosa tradición oral, en concreto, o mundo dos refráns. Os seus familiares serviron como informantes transmitídolles moita sabeduría popular. E para darlle forma ao proxecto, elaboraron un libro recollendo de forma escrita todos eses refráns que aprenderon dos seus maiores. E como punto de culminación temos este interesante faladoiro no que os nenos e nenas reflexionan e expoñen as curiosidades, e incluso recitan varios dos refráns. Non vos perdades este podcast.

Esta actividade está encadrada no programa Radio na Biblio. 


Na clase de 3º EP o alumnado ademais escribiu un refrán cada día nas súas libretas.













Ningún comentario:

Publicar un comentario