martes, 18 de xuño de 2024

SAÍDA Á CASA GRANDE DE XANCEDA.

Hoxe, o noso alumnado de 2º, 3º,  4º de Educación Primaria, foi á Casa Grande de Xanceda, onde descubrimos a biodiversidade da zona. Aprenderon, por unha banda, a importancia da gandeiría ecolóxica, coñeceron como funciona a granxa e como elaboran os iogures eco. Ademais, aprenderon sobre a vida e obra da escritora galega María Victoria Armesto, propietaria orixinal da casa e precursora da granxa xunto ao seu marido. Aprendemos a valorar non só sobre o patrimonio natural, senón sobre os patrimonios literario e etnográfico.


















Ningún comentario:

Publicar un comentario