Colorin, colorado este curso está rematado. Hoxe tocou festa, xogos...e despedida de Sonia. Botaremoste de menos.
Ai van algunhas fotos de mostra :
Colorin, colorado este curso está rematado. Hoxe tocou festa, xogos...e despedida de Sonia. Botaremoste de menos.
Ai van algunhas fotos de mostra :
En 3º EP e 4º EP creouse un dicionario en cada clase coas palabras descoñecidas que foron aparecendo durante o curso nas sesións impartidas en lingua galega. Esta actividade axudoulles a aumentar o vocabulario, mellorar a ortografía e a caligrafía, adquirir destrezas de autoaprendizaxe e autonomía e a fomentar o traballo en equipo.
O alumnado do 2º ciclo de Primaria viviu con emoción e ilusión a experiencia do intercambio epistolar co colexio As Mirandas de Ares. Esperamos poder retomar este bonito proxecto para o próximo curso.
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria visitou hoxe Granxas Cagiao, situada en Paderne, co fin de coñecer o proceso de elaboración do queixo e tamén facer unha visita pola granxa.
Os seus produtos recóllense dentro da marca Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é un distintivo que recoñece aos produtos agroalimentarios e servizos do territorio que ofrecen uns valores acordes co espazo no que que se desenvolven.
Créase coa finalidade de diferenciar, engadir valor, promocionar e difundir os recursos locais, produtos e servizos que potencian as actividades económicas tradicionais e a economía social no marco da sustentabilidade do territorio amparado.
En definitiva, estamos ante unha empresa local baseada na promoción e defensa da calidade, garantía e orixe dos produtos da área da Reserva, obtidos a partir dun saber facer responsable e respectuoso co medio ambiente.
Porque outro futuro é posible!!
Ao rematar foron tomar a merenda á Área Recreativa de Medín e puideron xogar un pouquiño antes de volver para o colexio.
O día 2 de xuño o alumnado de Educación Infantil e o 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria puideron desfrutar dun contacontos ilustrado baseado no libro Cantareiras. A poesía popular nas Letras Galegas 2025.
Como sabemos, este ano a Real Academia Galega decidiu homenaxear ás cantareiras, mulleres que a través do canto e das pandeiretas foron transmitindo de xeración en xeración a nosa lingua e cultura.
Para a realización desta actividade contamos con:
- Quique, de Polo Correo do Vento, que foi o encargado de contarnos a historia.
- Tania Solla, a ilustradora.
- Patricia Faro, a encargada de cantar e tocar diferentes instrumentos como a pandeireta, botella de anís...
O obradoiro finalizou coa realización dun debuxo guiado dunha cantareira.
Desta forma o alumnado puido recoñecer o valor da muller na cultura galega.