luns, 9 de xuño de 2025

VISITA QUEIXOS GRANXA CAGIAO.

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria visitou hoxe Granxas Cagiao, situada en Paderne, co fin de coñecer o proceso de elaboración do queixo e tamén facer unha visita pola granxa. 

Os seus produtos recóllense dentro da marca Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é un distintivo que recoñece aos produtos agroalimentarios e servizos do territorio que ofrecen uns valores acordes co espazo no que que se desenvolven.

Créase coa finalidade de diferenciar, engadir valor, promocionar e difundir os recursos locais, produtos e servizos que potencian as actividades económicas tradicionais e a economía social no marco da sustentabilidade do territorio amparado.

En definitiva, estamos ante unha empresa local baseada na promoción e defensa da calidade, garantía e orixe dos produtos da área da Reserva, obtidos a partir dun saber facer responsable e respectuoso co medio ambiente.

Porque outro futuro é posible!!

Ao rematar foron tomar a merenda á Área Recreativa de Medín e puideron xogar un pouquiño antes de volver para o colexio. 

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario